Actividade adicada ao fomento da difusión do coñecemento sobre fundamentos básicos das artes escénicas e á práctica das principais técnicas de expresión corporal. Posible actividade Paralela: montaxe dunha representación teatral.
Creación, elaboración de diversos tipos de materias en formato gráfico ou audiovisual, destinados á difusión e promoción do patrimonio cultural, tradicional, artístico e/ou monumental do propio concello.
Elaboración de guías de visitas, guías de puntos de interés turístico, documentais audiovisuais sobre temas de interese cultural, etc.
Acción dirixida a acadar un achegamento dos participantes aos principios básicos da escritura creativa en diversos xéneros e á práctica na elaboración de guións estilo comic.
Posible actividade paralela: Certame de guións e/ou historietas.
Actividade netamente práctica destinada a lograr unha aproximación aos postulados fundamentais do traballo periodístico nos diferentes canáis (prensa, radio, TV, Internet) co fin de favorecer o espíritu crítico e mellorar a comprensión xeral dos acontecmentos da propia sociedade.
Acción formativa na que se pretende instruir ao alumnado, dun modo interactivo e experimental, na utilización das principais ferramentas e aplicacións informáticas adicadas á edición, montaxe e postproducción de video en formato dixital. Destinatarios preferentes: mozos e mozas.
Posible Actividade paralela: certame de curtametraxes e/ou documentais.
Constirúen un “espazo aberto” onde os maiores destinatarios das actividades poderán adquirir e aplicar novos coñecementos e experesar ás súas inquedanzas, mediante a realización de diferentes actividadespara a activación da mente e o aproveitamento do tempo de lecer: lectura, video, pintura, cestería, etc.